Menino Morreu é un proxecto editorial galego independente, nado en 2021. O seu propósito é ofrecer unha imaxe da identidade galega marcada pola modernidade a través da narrativa contemporánea, do deporte popular e da cultura de masas. Unha imaxe sustentada nunha visión crítica, no urbano e en todas as expresións culturais ou artísticas que conflúen nel. Alén diso, preténdese integrar tamén as visións foráneas sobre a nosa realidade ou establecer un diálogo con os tradicionais referentes lusófonos ou atlánticos desde as súas perspectivas máis actuais.
Menino Morreu é un espazo para a novela pouco convencional, para o romance transgresor de clase traballadora, para todas as correntes do pulp, para reflexionar sobre o cinema, a banda deseñada e as producións culturais máis frescas, para o odio ao fútbol moderno.
Mais, en especial, Menino Morreu é o espazo para todas aqueles autores e autoras que decidan escribir desde estes parámetros en calquera variante local e ortográfica do noso idioma. Neste senso, Menino Morreu respecta a normativa empregue no orixinal.