As coleccións

Lenda urbana

Era unha vez unha cidade. Ou moitas. Contan que hai un interminábel labirinto de rúas, calellas, avenidas e travesías que só podes percorrer con o ollar dun visitante. Tes a sensación de andar sempre ás voltas. Os sinais non fan sentido e os rueiros están desfasados. As liñas dos graffitis conducente sempre diante dun espello que reflicte quen somos. Agora.

Buraco negro

O espazo que atrae gravitacionalmente as secuencias de imaxes estáticas e en movemento, a linguaxe melódica e todo ese código que funciona a penas naquel universo que coñecemos como arte. Tomamos as reflexións sobre a cultura como esa obra en proceso á que non vamos pór chatas. Todos traballan nela. Entre todos tecen as guías que nos levan cara algún sitio certo.

Bébel

Percorremos quilómetros, superamos obstáculos, tan só por ti. Mantemos a fe nesa conmemoración  semanal do vivirmos xuntos. O noso cotiá desfaise en previas temperáns que apuramos até o último segundo, antes de sermos confinados para sofrer nas gradas populares ou visitantes. Nunca camiñarás só. Un animado terceiro tempo espera por nós alí onde o deporte toca con todo aquilo que ten fóra. Non todo vai ser fútbol. Somos máis de once contra once. O resultado tanto ten.