12.00€ IVE incluído
Coma unha especie de work in progress, a idea que percorre este diario é mesturar o poético e o irónico, o banal e o político; precisamente como un intento de capturar o espírito dos tempos reaccionarios e liberticidas que estamos a vivir. Neste pequeno dietario aberto, entendido coma un manual de instrucióms para abordar a obra do autor, conviven reflexións, aforismos, epifanías cotiás, fendas autobiográficas e ficción. Cómpre mirar ao que está no mundo para se comprender a un mesmo, na súa máis profunda intimidade. Convén, xa que logo, deconstruír a derrota.