Un amigo do pobo

15.00 IVE incluído

Atanaxildo Diz Liz, alias “Chapoño”, introdutor falsísimo de fake news, boatos e rumores, ascende de troll de internet a mangante da comunicación mediante a súa particular táctica anorexobulimia; mentres en Cambre, unha pequena historiadora descobre a natureza milagreira da Hidria de Xerusalén.

Nacho Taibo combina en “Un amigo do pobo” referencias artúricas e sátira política, co populismo e a desinformación como albos do seu ollar cáustico e irónico.