16.00€ IVE incluído
Despois da gloria, o abismo. De ser campión de liga e semifinalista en Europa, a descensos inesperados, crises económicas, guerras internas, cinco presidentes, catorce adestradores, catro tempadas na terceira categoría e unha débeda millonaria que ameazou a súa supervivencia. Unha etapa marcada pola inestabilidade e a má xestión, pero tamén pola fidelidade dunha afección que nunca deixou de crer.
Co ollar crítico do xornalista e a paixón do seareiro, Héctor Pena reconstrúe estes dezaseis anos de luces e sombras para explicar como un dos grandes do noso fútbol chegou ao fondo… e como conseguiu volver a erguerse.